Arrebentatinallas, campións galímpicos
Comeza a conta atrás
Se eres equipo participante e queres revisar o taboleiro de puntuacións por probas ou como tedes que organizar vosos xogadores para a disputa de cada torneo, nesta ligazón tes todo o que precisas.
Got Talent Caldelas
Camisolas das Galimpiadas
Galimpiadas '22
As 14.00 é o momento de facer un alto nas probas para repoñer forzas cun xantar no local da Comunidade de Montes donde se ofrecerá comida e bebida a prezos populares.
As 15.00 retómase o deporte no Bar A Capela co campionato de futbolín o no Chiringo Os Choróns o de rá.
As 18.00 horas ten lugar a derradiera proba, o torneo de pulso.
As 20.00 horas ten lugar o momento máis esperado: saber quen é o Campión Galímpico 2022 coa entrega de premios.
A partir das 21.00 horas é momento de celebración con troula e música en directo, donde se ofrecerán dous concertos a cargo da banda local Inefables e do grupo MICALIPS.
Durante as dúas xornadas o público asistente pode optar a gañar diversos agasallos gracias ós colaboradores, que co seu graniño de area nestes tempos tan difíciles, quixeron formar parte de esta edición: Concello de Tui e Consellería de Deportes, tapería O Abergue, Café-Bar A Cultural de Guillarei, The White Clover, O Braseiro do Lucho, Mis vinos a tu gusto, A Regueira gastro, Mahou e GADIS.
CARTELERÍA
Calendario das probas
¿Xa tedes feito o reparto das probas entre cada un dos integrantes dos vosos equipos? Repasamos o calendario das probas para lembrar os días e horarios e sedes de cada unha das competicións:
VENRES 24
A partir das 16:00 horas: Desfile inaugural das Galimpiadas. A Llama galímpica fara o seguinte percorrido: Chiringo ´´ Os Choróns``, ´´A Capela`` e rematará no local da Comunidade de Montes.
A partir das 19:00 horas: Ceremonia de apertura coa presentación dos equipos.
A partir das 19:30 horas: Disputaranse as seguintes probas
Na Capela: Dardos.
No Chiringo: Billar
No local da Comunidade de Montes: Tute e Tenis de Mesa.
A partir das 11:59 horas: Concerto de Roberto Caco
SABADO 22:
A partir das 11:00 na Ribeira xogaranse o tiro da corda, a carreira de sacos e os esquís de terra.
A partir das 14:00 horas. Xantar na casa da Comunidade de Montes. Comida e bebida a prezos populares.
A partir das 15:00 horas:
Na Capela o futbolín.
No Chiringo a Ran.
A partir das 18:00 horas o pulso no local da Comunidade de Montes.
A partir das 20:00 horas entrega de premios.
A partir das 21:00 concerto de INEFABLES e MICALIPS.
Podes consultar o programa ampliado nesta ligazón
Andaina patrimonial
Campionato de Tute
Quedada de coches clásicos en Baldráns

The White Clover
Novo colaborador
Queremos dar grazas a súa xerencia por apostar por nós e o deporte rural, que co seu granciño de area, sobre todo nos tempos que corren, é unha gran axuda para que siga crecendo este evento épico que vai gañando eco na nosa sociedade.
Se queres pasar un bo rato, nun bo ambiente, non o dubides e visita a Cultural de Guillarei.
Concertos galímpicos
Nova data galímpica
Chegou o momento de facer pública a data na cal terán lugar as Galimpiadas tras o aprazamento pandémico.
Tanxugueiras e as Galimpiadas
O día que non pode ser
Hoxe é o día que todos tiñamos marcado no calendario, no cal darían comezo as segundas Galimpiadas.
Como informamos hai uns días, tras a ampliación das medidas sanitarias na Comunidade Autónoma, tivemos que aprazar o evento.
Seguimos traballando para poder fixar unha data no calendario para que se desenvolva, con toda a normalidade posible, o campionato galímpico.
Todo estaba listo, e agora atopámonos cos trofeos e as medallas esperando a data para que alguén poida levantalos e portalas.
Queremos dar tambien grazas aos nosos colaboradores, que entenden e apoian a decisión da Organización e continúan ao noso lado, como o Concello de Tui, o Gastrobar "A Regueira", a tapería "O Albergue", "Mis vinos a tu gusto", Mahou, GADIS, e como non, a nosa sedes: Bar A Capela, Chiringo Os Choróns e a Comunidade de Montes de Caldelas.
Aplazamento das Galimpiadas
Queremos facer o evento con abrazos, con troula, sen restriccións...
Dende o sistema sanitario de Galicia informan que se amplían as restriccións e temos que tomar duras decisións, pero lóxicas.
Con toda a pena no noso corazón informamos do aplazamento do evento, NON por imposición, senón por sentidiño.
Estade atentos a web e as redes sociais, porque isto non acaba, repetimos, é un aprazamento.
Grazas a todos e coidádevos
Morris súmase as Galimpiadas
Antonio Durán "Morris" amose seu interese polas Galimpiadas e quere aportar seu grán de area axudando coa promoción do evento.
“Morris” posúe unha ampla experiencia no mundo da televisión e o teatro, sobre todo a nivel do humor galego. É recoñecido por ser espontaneo e ademais diso ten outras facetas por exemplo a animación.
María Mera é galímpica
Laura Villaverde é Galímpica
Esta vez temos o inmenso pracer de contar con Laura Villaverde, actriz e influencer tudense, loitadora polos valores galegos, moi afín a nós en canto defender o propio.
Cancelación Galimpiadas
Felices festas