Historia

As GALIMPIADAS xurden en Xuño de 2019, pero cal é seu orixe?

Como tódalas cousas boas, a idea sae a luz na barra dun bar, entre amigos e gin-tonics.

Manu, a cabeza pensante, chega de Alemania coas ganas de facer algo distinto, de crear algo… e xestou esta competición. A idea orixinal era facer algo máis deportivo, con fútbol e outro tipo de deportes, pero Santi propuxo a idea de facer algo máis de bares, máis enxebre, máis popular… como xogar aos dardos, as cartas ou ó futbolin. Foi entón cando Dani tivo a idea de bautizar ao evento co nome de Galimpiadas.

Un falar por falar na barra dun bar meterializouse e conseguiu sair adiante coas ganas e ilusión de que chegue a ser loxevo e icónico no lugar.

As sedes de celebración das diversas modalidades deportivas son o Chiringo Choróns e o Bar A Capela.