Información Triatlón

 As Galimpiadas de Caldelas adiántanse cun triatlón o 3 de maio.


O “Triatlón Galímpico” terá truco, dominó e ping pong. 

Tamén se celebrarán dous bingos con grandes premios: 

un porquiño e un brunch para seis persoas.


Caldelas de Tui, 25 de abril de 2025. A quinta edición das Galimpiadas de Caldelas xa

están a volta da esquina. Terán lugar os días 5, 6 e 7 de xuño na ribeira de Caldelas e as

inscricións xa están abertas para os grupos que queiran pelexar polo título de “Campión

de Galicia”. Pero antes, con motivo do quinto aniversario, a Asociación Non Damos Feito,

organizadora das Galimpiadas, ten previsto a celebración dun evento previo este sábado,

3 de maio. Será un “triatlón” de truco, dominó e ping pong. A competición será individual

e os participantes poderán xogar a unha, dúas ou ás tres probas. Ao remate haberá bingo

con fantásticos premios.

O “Triatlón Galímpico” terá lugar no local da Comunidade de Montes de Caldelas, o

sábado 3 de maio. As probas comezarán ás 16 horas con truco; ás 18 horas continuarán

con dominó e ás 20 horas rematarán con ping pong. O coste da inscrición será de 5 euros

por xogo e haberá premios para todos os gañadores de cada proba e un premio especial

para quen consiga a mellor puntuación en todas as probas nas que participe.

Ao remate da competición xogaremos uns bingos con fantásticos premios. Os gañadores

conseguirán un porquiño doado por Agroporcina Maraury S.L. e un vale por un brunch

para seis persoas cortesía de Pancho 3.0. by Adri Vila. Tamén teremos outros premios e

sorteos grazas á colaboración da empresa de xardinería Orballo, a pizzería Dimarco, a

tapería Tapas e Viños, a tenda Cousiñas e a droguería Chévere de Ponteareas.

Durante todo o día haberá servizo de bar e comida para que pasemos unha tarde de

sábado en compaña e poñendo a punto as estratexias para ir preparando as Galimpiadas

2025. Ademais, a organización dará a coñecer os deseños das novas camisetas e revelará

o cartel das actuacións musicais que amenizarán as noites galímpicas da quinta edición.

No teremos servizo de TPV, polo que só poderemos aceptar pagos en efectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario