IV Galimpiadas
Lugar e data:
1. O 1, 2 e 3 de Agosto.
2. Celebraranse en Caldelas de Miño, na Capela, no Chiringo e na ribeira (e no local da Comunidade de Montes se chove)
3. Prégase puntualidade por parte dos/das participantes.
Normas xerais:
1. Inscribiranse un máximo de 20 equipos. Non existe límite de participantes por equipo, sendo 6 o mínimo. Os participantes teñen que ser maiores de idade.
2. O prezo da inscripción será de 60 euros para equipos de 6 a 10 participantes, 80 euros para equipos de 11 a 15 persoas, 100 euros para equipos de 16 a 20 persoas e así sucesivamente.
3. Non están permitidos os insultos ou agresións á organización ou a outros participantes, isto pode castigarse coa expulsión da persoa e se procedese do equipo enteiro.
4. Os participantes de cada proba deben ser puntuais e estar atentos para cando se lles chame. No caso de que se chame a un participante e non apareza concederase automáticamente avitoria ó equipo rival.
5. Cada equipo deberá traer a súa equipación ( mesmas camisolas).
6. Os deportes das Galimpiadas serán: Billar, dardos, esquís de terra, tiro da corda, carreira de sacos por relevos, ran, pulso, futbolín, tute e a proba sorpresa.
7. Gañará o equipo que máis puntos acade no conxunto das probas. No caso dun empate compartides.
8. Teñen dereito a levar unha estrela no peito Mastíns.
9. Teñen dereito a levar dúas estrelas no peito Arrebentatinallas.
Premios
Campión de Galiza: Trofeo + Lote de churrasco + xamón
Casecampión de Galiza: Trofeo + Lote de churrasco + paleta
Apiquescasecampión de Galiza: Trofeo + Lote de churraco + longaniza
Trofeo GMA: Trofeo
O trofeo GMA (gich@ mais aplomad@) entregarase por decisión da organización a aquela persoa
que mais represente os valores galímpicos.
Premio da xente: Copa + Lote de churrasco
*Entréganse os puntos por cada consumición da seguinte forma:
1 punto: Refresco ou auga.
2 puntos: Vermut, chupito, viño e cervexa.
3 puntos: Copas
*O tempo no que se desputa o premio é dende o desfile inaugural ata o sábado as 20.00 horas
Premio Festeiro: Trofeo + outro xamón.
Por decisión da organización daráselle o premio ó equipo que demostre un maior depliegue de
disfraz, medios musicais ou mecánicos así como unha actitude mais trouleira.
Programa
XOVES 1
18:00 horas: adestramentos libres.
20:00 horas: sorteo das eliminatorias ( é recomendable que algún membro de cada equipo se achegue a ver)
VENRES 2
18:00 horas: Desfile inaugural das Galimpiadas. Os equipos seguirán á charanga e á Llama Galímpica dende o bar da Comichón, pasando polo bar ́ ́A Capela``, polo chiringo ́ ́Os Choróns`` e rematando de novo no bar da Comichón.
20:00 horas: Ran no Chiringo, tute na Capela e futbolín na ribeira.
22:00 horas: Concerto MICALIP'S e DJ AMAROK
SÁBADO 3:
12:00 horas: Billar no chiringo, dardos na Capela e a proba sorpresa na ribeira.
14:00 horas: Xantar. Teremos bocadillos e pulpeiro.
16:00 horas: Corda, sacos, esquís de terra e pulso na ribeira.
21:00 horas: Entrega de premios.
22:00 horas: Concerto AQUELARRE e DJ GabriD
MOITA SORTE XENTE NOVA
Ningún comentario:
Publicar un comentario