II Galimpiadas

A segunda edición das Galimpiadas de Caldelas tiveron lugar os días 24 e 25 de Xuño en Caldelas de Tui.

O evento comezou cun desfile inaugural que percorreu as rúas do barrio. Un pasarrúas encabezado pola llama galímpica, seguida dos compoñentes dos equipos e decenas de espectadores, deron vida e cor o barrio tudense.


Unha vez finalizado o pasarrúas, cada equipo ocupou as sedes nas que se desenrolaban as probas de forma simultanea, para ó remate da xornada deportiva, a troula e o espectáculo correron a cargo de Roberto Caco.

A segunda xornada de Galimpiadas comezou pola mañán coas probas de exterior, cun tempo que facía mirar ó ceo a ver se a choiva aguantaba, climatoloxía que demostrou estar ó noso favor.





O mediodía non podía faltar un xantar enxebre para confraternizar entre equipos, espectadores e veciños para coller forzas para a recta final.


Cando todo estaba no aire para saber quen sería o campión galímpico, a derradeira proba, a proba raíña, o pulso, ordearía a clasifiación para darlle o título os "Arrebentanillas"

 
Proba do pulso

Arrebentatinallas, campións das II Galimpiadas

Un fin de semana completo de deporte, troula, música, gastronomía, pero tamén cun toque glamuroso grazas a patrocinio dos nosos VIPs que axudaron a promocionar a esencia das Galimpiadas.
Sergio Pazos, David Amor, Xosé A. Touriñán e María Mera lucindo con orgullo a camisola galímpica


Podes revivir as publicacións previas ó torneo nas seguintes ligazóns, así como ver toda a reportaxe fotográfica do evento:


  






Ningún comentario:

Publicar un comentario