Axudas a deportistas de alto nivel

 

Amigos deportistas (galímpicos ou non),

Queremos facer de vía informativa para comunicarlles que no DOG (Diario Oficial de Galicia) de hoxe martes publican o anuncio da convocatoria de axudas a deportistas galegos e galegas de alto nivel.

As persoas deportistas solicitantes interesadas presentarán a solicitude preferentemente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en formato papel orixinal no Rexistro da Fundación Deporte Galego, ou en calquera rexistro oficial previsto no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para a presentación das solicitudes de forma electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365, para o cal se habilita unha ligazón na Guía de procedementos e servizos.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles contando desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houber día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Aquí vos deixamos a ligazón á publicación oficial

Ningún comentario:

Publicar un comentario