¿Que é a CABICHEIRA?
É un cinceiro portátil que ocupa moi pouco espazo. Pódela levar no bolso, no peto, de colgante... Ademais está elaborada con materiais biodegradables.
Concienciados co medio ambiente e en contra da contaminación, ofrecéronnos a oportunidade de ter cabicheiras personalizadas co escudo galímpico.
Quero unha. Que teño que facer?
Debido a que son unidades limitadas, deberás pre-reservala contactando connosco (e-mail, redes sociais...) para tomar nota e así poder encargala para que non te quedes sen a túa.
O seu prezo é de 10 euros e poderás recollela durante a celebración das Galimpiadas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario