Datas confirmadas

 

Regresa o deporte máis enxebre á comarca tudense de Caldelas

Tras varios días de reunións para acadar un consenso sobre cal sería a mellor data para a celebración da segunda edición das Galimpiadas de Caldelas, decidiuse marcar os días 21 e 22 de Xaneiro do vindeiro ano para organizar o evento deportivo máis esperado na comarca miñota.

Por qué estás días? Pois por que si. Queremos arrancar o aninovo con bo ambiente, con xuntanzas entre amigos, con deporte, con troula… Queremos esquecer o que era estar confinados, e seguro que vos tamen.

Parece que falta moito tempo e pódese pensar que para o vindeiro ano falta moito, pero ese momento está á volta da esquina.

Tras as festas do Nadal e as moitas comilonas e celebracións en ámbitos gastronómicos, un pouco de deporte senta ben para baixar panza e comenzar coa operación bikini, non si?

Iremos ampliando máis información por esta canle e a través das nosas redes sociais para darvos a coñecer as modalidades deportivas e toda a información sobre este acontecemento.


Ningún comentario:

Publicar un comentario