Regreso á nova normalidade

 

Hoxe é un día importante a nivel social. Non imos a referirnos ao deporte.

Galicia entra na nova normalidade ante a crise sanitaria da Covid-19. Dende a organización das Galimpiadas de Caldelas o factor máis importante era e é, garantir a seguridade a tódolos participantes e asistentes a gran congregación deportiva da Comarca.

Este avance é o que estabamos esperando e co cal contábamos á hora de fixar unha data para a celebración.

Non quere dicir que non debamos ter precaución, pero dende o equipo de persoas que loitamos por levar esta actividade adiante, traballaremos sempre con sentidiño para poder manter a continuidade anual que a pandemia nos impediu.


Ningún comentario:

Publicar un comentario