Xa podes consultar o programa das II Galimpiadas Caldelas, as primeiras galimpiadas de inverno, no menú superior, a disputar os días 21 e 22 de Xaneiro do vindeiro ano.
Xa podedes comezar a montar voso dream team pois só temos lugar para 16 equipos, e así asegurar un perfecto desenrolo das actividades.
Tras moitas deliberacións, e con ganas de mellorar na elaboración do evento e celebración das probas, nesta edición modifícanse algunhas modalidades deportivas, quedando finalmente o calendario cos seguintes deportes:
Billar, dardos, corda, esquís de terra, carreira de sacos por equipos, futbolín, ran, pulso e pimpón.
Estamos traballando para poder retransmitir as probas en directo e así poder disfrutar de tódalas probas, de forma que mentres se disputen probas de xeito simultáneo, unhas no Bar A Capela e outras no Chiringo Choróns, todos podan ver en tempo real o que está acontecendo na outra sede, e do mismo xeito, quen non poida acudir a Caldelas esa fin de semana, poida mirar a competición dende a casa
Ningún comentario:
Publicar un comentario