Dende o Chiringo Os Choróns chéganos esta mañá unha moi triste noticia.
A raíz das fortes precipitacións acaecidas na contorna, o Chiringo amenceu hoxe a medio sumerxir no Río Miño tras a necesidade da apertura dos embalses de Velle e Belesar pola acumulación de auga que puñan en risco as infraestructuras.
Dende a xerencia do establecimento infórmannos que os estragos causado pola auga obligan a pechar temporalmente as súas portas por diversas averías como dano na instalacción eléctrica, que estropeou neveras, conxeladores... e en diverso mobiliario.
O billar, unha das probas na nosa axenda, tamén precisa ser arranxado.
Dende a organización das Galimpiadas, e tras varias conversas, vémonos na obriga de suspender o evento. Quen nos ía a decir a nós que a cancelación ía ser a causa do Miño e non do virus.
Pinta ten de ser 28 de Decembro 🤣🤣🤣
ResponderEliminar