O día que non pode ser



Hoxe é o día que todos tiñamos marcado no calendario, no cal darían comezo as segundas  Galimpiadas.

Como informamos hai uns días, tras a ampliación das medidas sanitarias na Comunidade Autónoma, tivemos que aprazar o evento.

Seguimos traballando para poder fixar unha data no calendario para que se desenvolva, con toda a normalidade posible, o campionato  galímpico.

Todo estaba listo, e agora atopámonos cos trofeos e as medallas esperando a data para que alguén poida levantalos e portalas.


Queremos dar  tambien grazas aos nosos colaboradores, que entenden e apoian a decisión da Organización e continúan ao noso lado, como o Concello de Tui,  o Gastrobar "A Regueira", a  tapería "O Albergue", "Mis vinos a tu gusto",  Mahou,   GADIS, e como non, a nosa sedes: Bar A Capela,  Chiringo Os  Choróns e a Comunidade de Montes de Caldelas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario