Galimpiadas '22

 


Xa están aquí as Galimpiadas de Caldelas para celebrar, por fin, a súa segunda edición, na parroquia de Caldelas de Tui. Tras o adiamento da data inicial, en Xaneiro, pola ampliación das medidas sanitarias pola pandemia da COVID-19.

Neste tempo poidéronse pulir detalles no calendario, nas actividades e nas probas para darlle ó evento o ambiente festivo que se merece. Ademáis queremos agradecer a colaboración na difusión do evento por parte dos nosos padriños VIP: Xose Antonio Touriñan, Laura Villaverde, Victor Sabarís, David Amor, Sergio Pazos, María Mera e Antonio Durán "Morris".



O venres día 24, que ademáis coincide con día festivo no calendario, comeza a xornada a partires das 16 horas co desfile inaugural das Galimpiadas, donde a llama galímpica percorrerá as rúas do barrio de Caldelas, facendo un percorrido que comeza no Chiringo Os Choróns, pasando por o Bar A Capela e rematando no local da Comunidade de Montes de Caldelas. Unha visita as tres sedes nas que se disputarán as diferentes probas.

As 19 horas terá lugar a ceremonia de apertura donde se fará a presentación dos equipos, para as 19.30 comezar co calendario deportivo, disputándose o torneo de dardos no bar A Capela, o billar no Chiringo Os Choróns e o tute e tenis de mesa no local da Comunidade de Montes.

A partires das 23.59 horas e xa coas probas deportivas rematadas na primeira sesión chega o momento de disfrutar dun pouco de troula, que está asegurada coa actuación musical de Roberto Caco.


O sábado 25, a xornada deportiva comeza as 11.00 horas na ribeira de Caldelas, diante do Chiringo coas probas de tiro de corda, carreira de sacos por relevos e os esquís de terra.

As 14.00 é o momento de facer un alto nas probas para repoñer forzas cun xantar no local da Comunidade de Montes donde se ofrecerá comida e bebida a prezos populares.

As 15.00 retómase o deporte no Bar A Capela co campionato de futbolín o no Chiringo Os Choróns o de rá. 

As 18.00 horas ten lugar a derradiera proba, o torneo de pulso.

As 20.00 horas ten lugar o momento máis esperado: saber quen é o Campión Galímpico 2022 coa entrega de premios.

A partir das 21.00 horas é momento de celebración con troula e música en directo, donde se ofrecerán dous concertos a cargo da banda local Inefables e do grupo MICALIPS.

INEFABLES

MICALIPS

Durante as dúas xornadas o público asistente pode optar a gañar diversos agasallos gracias ós colaboradores, que co seu graniño de area nestes tempos tan difíciles, quixeron formar parte de esta edición: Concello de Tui e Consellería de Deportes, tapería O Abergue, Café-Bar A Cultural de Guillarei, The White Clover, O Braseiro do Lucho, Mis vinos a tu gusto, A Regueira gastro, Mahou e GADIS.

CARTELERÍA




Ningún comentario:

Publicar un comentario