Got Talent Caldelas

 


Seguimos promocionando festas dos nosos amigos de Caldelas, e esta vez vimos a anunciar a Semana Cultural que terá lugar dende o día 19 ata 26 de Agosto.

Neste caso, Got Talent Caldelas está de regreso, o mellor concurso de talentos do Baixo Miño.

Ábrese inscripción para a vindeira edición, que será o día 19 de Agosto na Ribeira de Caldelas de Tui.

As prazas son limitadas, así que se queres participar para competir co teu talento, date prisa

Trofeos para os cinco primeiros clasificados e máis de 450 euros en premios.

Se sabes cantar, bailar, tocar un instrumento, facer maxia, humor, teatro... ou tes algún talento especial  que queiras amosar, anótate no teléfono 676 15 85 20.

A diversión estará asegurada

Ningún comentario:

Publicar un comentario