Festa da Virxe das Dores (Guillarei)

Volven as festas a parroquia tudense de Guillarei os días 16, 17, 18 e 19 de Setembro.

Aquí tedes un completo programa dos actos que terán lugar:

VENRES 16

Unha tirada de bombas de palenque darán comezo das festas a primeira hora da mañán.

As 21.45 horas terá lugar o encendido do alumeado. Cómo pregoeira das festas, unha recoñecida vecina de Guillarei, Laura Villaverde

Laura Villaverde caracterizando a Chola e Lola

As 22.00 horas comezará a verbena a cargo das orquestras Combo Dominicano e Capitol

El Combo Dominicano - Sin merengue no hay fiesta

Capitol - Video promocional 2022

SABADO 17

A partires das 9.30 horas a charanga A Tu Ritmo percorrerá a parroquia.
As 13.00 horas será o momento da tradicional tirada de fogos.
As 19.45 horas será a novena e o remate da mesma procesión acompañada pola banda de gaitas e grupo folclórico Lembranzas da Terra - Guillarei e a banda de cornetas de Ferrol C.C.T.T. STMO. CRISTO DE LA MISERICORDIA E MARIA STMA. DOLORES

Lembranzas da Terra - Guillarei (video de 2020)


As 22.00 horas chega a verbena coas orquestas Solara e Florida Band

Solara - Promo 2022

Orquesta La Florida Band

DOMINGO 18

As 10.30 horas terá lugar a entrada no recindo da Banda de Música Popular de Tui e a Banda de Música de Monçao (Portugal), as cuales a partires das 11 horas ofrecerán concerto ata o comezo da misa solemne, que será as 12.30, que seguirán tocando  dende as 14.00 horas ata as 15.00 e regresarán  de 18.30 a 20.30, que efectuarán a despedida co pasarrúas.

As 21.00 horas comezará a verbena a cargo de Furia Joven e Saudade

Furia Joven - Despechá

Orquesta Saudade - Mix actualidade


LUNS 19 (DIA DO CRISTO DA SAÚDE)

As 10.30 horas entrará no recinto de festas a Banda de Músca Popular de Rubiós, e de seguido dará un concerto.

Banda de Música Popular de Rubiós (video de arquivo)


As 12.30 horas será a misa solemne na honra do Cristo da Saúde, cantada polo coro parroquial. O remate da misa, a banda ofrecerá concerto con pasarrúas e despedida.
As 21.00 horas comeza a última verbena, a cargo de Panorama e Pontevedra.

Orquesta Panorama - Inicio show

Orquesta Pontevedra


CARTEL




Ningún comentario:

Publicar un comentario