Conta atrás para as IV Galimpiadas

A conta atrás para o evento máis esperado xa comezou, só queda unha semana para que inicien as IV Galimpiadas de Caldelas



A primera toma de contacto coas IV Galimpiadas será o xoves 6 co sorteo dos emparexamentos dos equipos para as diversas probas, donde os equipos terán a posibilidade de "porse a proba" con adestramentos, analizar os ribais ou incluso intimidalos.

Pola parte das Galimpiadas só nos queda dar as grazas a todos aqueles que apostan por nós e queren ser partícipes dalgunha forma con este evento deportivo, enxebre e rural que medra edición tras edición.

Queremos comenzar dando as grazas o Concello de Tui e a súa Consellería de Deportes de Tui por apostar dende o principio por esta iniciativa, apoiando a un reducido grupo de xente nova coa ilusión de facer algo único e diferente na contorna, un evento que une a xente de tódalas edades e que amosa que é posible competir, con ribalidade, sen quitar as risas e a unión da amizade, sexa cal sexa o equipo no que se milite.

Non podemos esquecer ós patrocinadores, os da casa por apostar pola súa xente, e os que veñen de fora das fronteiras tudenses axudando a crecer o evento, como os Servizos Agrícolas e Forestais, de Caldelas de Tui, Adegas Chan de Vide, de Arbo, Hortalizas Ledo, de Redondela, e Abadía San Roque, de Arantei (Salvaterra).

Grazas tamén os diversos colaboradores, como o Chiringo os Choróns e o Bar A Capela, de Caldelas, que ademáis son sedes galímpicas en distantas probas, a distribuidora Disgobe, a Tapería O Albergue, de Tui, YUTMOVIL, a Asociación Socio-Cultural e Deportiva A Insúa de Caldelas e a Deputación de Pontevedra.

As Galimpiadas comezarán o venres día 7 as 18.00 horas co desfile inaugural, encabezado pola llama galímpica. Ó finalizar o desfile, as 20.00 horas comezarán as primeiras probas: rán no Chiringo Choróns, tute en A Capela e futbolín na ribeira. O remate a noite estará amenizada musicalmente con DJ Amarok.

A xornada do sábado 9 comezará cos seguintes horarios:
12.00 horas Billar (Chiringo Choróns), Dardos (A Capela) e Proba sopresa (Ribeira)
14.00 horas. Xantar, donde estará disponible pulpeiro e o servizo de comida da Asociación A Insua.
16.00 horas: Corda, sacos, esquís de terra e pulso (Ribeira de Caldelas)
21.00 horas: Entrega de trofeos e premios
22.00 horas. Festa de clausura, cos concertos de MICALIP's, Aquelarre e sesión de DJ GabriD

Vémonos en Caldelas o vindeiro fin de semana