Horarios das VI Galimpiadas

 


Programación das VI Galimpiadas , que terán lugar en Caldelas de Miño (Tui) os días 12 e 13 de Xuño

VENRES 12
19:00 H Desfile inaugural polas rúas de Caldelas amenizado musicalmente coa Charanga NOSOKAOS.
20:00 H Xogo da rá (Chiringo Choróns); Futbolín (ribeira de Caldelas)
21:30 H Corda (ribeira de Caldelas)
De seguido animación musical con DJ EKIX e concerto de No All Kansas

SABADO 13
12:15 H Tute (A Capela)
12:45 H Pano (ribeira de Caldelas)

O remate das probas comenzará o descanso para xantar. Contarase con servizo de comida a cargo da Asociación A Insua, quen tamén elaborará paellas previa encarga.

16:00 Reanudación das probas co seguinte orde: 3 en raia, pulso, sacos, proba sorpresa e esquís de terra.

Posteriormente entrega de premios. De seguido concerto de The Pileidis e DJ Amarok