• 23 mayo 2022

     



    Xa queda menos!!! Xa cheira a Galimpiadas!!! Non podes perder esta oportunidade, xa na recta final camiño ó encendido galímpico de adestrar de forma seria de cara as diversas competicións.

    Os amigos da Comisión de Festas do Cristo da Agonía, en Baldráns (Tui) organizan o vindeiro sábado 4 de Xuño as 22.30 horas un campionato de tute con interesantes premios para os gañadores, como xamóns, lacóns, garrafas de aceite de oliva, viño blanco, paletas de porco e queixos.

    Á proximidade a Caldelas, a sede galímpica, fae máis que probable que moitos dos participantes no esperado evento os próximos 24 e 25 de Xuño podan verse as caras antes de tempo.

    Se estades interesados podedes anotarvos no 685 175 669 ou o mesmo día no campo de fútbol da Malladoura antes das 21.30 horas


  • Copyright © - Nisekoi - All Right Reserved

    Galimpiadas Powered by Blogger - Designed by Johanes Djogan