Quedada de coches clásicos en Baldráns

Este sábado os Amigos das Festas do Cristo de Baldráns, no concello de Tui, organizan a 1ª quedada de vehículos clásicos, eses vehículos que teñen un mínimo de 25, a rapazada mira con asombro cando ven que non teñen as comodidades dos coches modernos (aire acondicionado, navegador...) e os máis veteranos contemplan con nostalxia.
Podes asistir a esta cita no campo de futbol da Malladoura (Baldráns) a partires das 11 da mañá, donde ademáis de disfrutar dos clásicos do motor, tamén terán pulpeiro, hinchables de balde para os máis cativos, e a partires das 17 horas faran unha ruta pola vila.

Xa avanzando no día a festa continúa con música en directo a cargo de Roberto Caco, quen amenizara a troula con músca para tódolos gustos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario