Novas

Arrebentatinallas, campións galímpicos

 


Arrebentatinallas consigue o trofeo de Campión de Galiza na segunda edición das Galimpiadas que tivo lugar os días 24 e 25 de Xuño en Caldelas de Tui.

Esta pasada fin de semana Caldelas acolleu as II Galimpiadas, que reuniron 14 equipos para ser os mellores. Dez probas os sepaban do ansiado título; dardos, tute, tenis de mesa, billar, corda, carreira de sacos, esquís de terra, futbolín e pulso.

A xornada comezou as 16.30 co desfile inaugural, no que os deportistas percorreron as rúas do barrio de Caldelas coa llama galímpica, e así agradecer o apoio de tódolos veciños e veciñas.

Desfile inagural

A partires das 19.00 comezaron os torneos disputándose o torneo de dardos no Bar A Capela, billar no Chiringo Os Choróns, e os torneos de tute e tenis de mesa no local da Comunidade de Montes.




Tras rematar cos deportes, os participantes e publico asistente poideron disfrutar duns pinchos para recuperar forzas e disporse a disfrutar da música en directo do cantante guardeés Roberto Caco.


O sábado, en sesión matinal, o deporte desplazouse á ribeira de Caldelas, donde veciños animaban musicalmente os deportistas que ían a disputar as probas máis físicas do calendario: tiro de corda, esquís de terra e carreira de sacos.


Tiro de corda. Final 


Pola tarde retomáronse as probas, mirando un pouco ó ceo pendientes da situación meteorolóxica, quen regalou unhas cuantas gotiñas para refrescar a xente, pero Santa Clara púxose do noso lado. 
A Capela acolleu o torneo de futbolín mentres no Chiringo Os Choróns disputábase simultaneamente o torneo de ra.


Ó remate destas probas, chegou a derradeira proba, a proba reina, que celebrouse no local da Comunidade de Montes: o torneo de pulso:


Acto seguido, procedeuse ó sorteo dos agasallos que nosos patrocinadores aportaron para colaborar co evento, e despois de repartir alegría e moitas risas, a esperada entrega de trofeos.

A troula non rematou ainda, ahora chega o momento de celebrar os trofeos, os premios... de seguir celebrando as Galimpiadas, acompañados de máis música en directo.

INEFABLES. Cadillac Solitario (cover)

MICALIPS e o público

Esperemos que disfrutárades das Galimpiadas. Ahora toca ir adestrando para a próxima edición. GRAZAS!!!!




Ningún comentario