Novas

Festas do Stmo. Cristo da Agonía (Baldráns)

 


Esta fin de semana terá lugar na parroquia tudense de Baldráns as grandes festas na honra Stmo. Cristo da Agonía. Este ano as festas regresan á normalidade, e a celebración das mesmas regresan ó terreiro das festas.

O venres día 8 as 23.30 comeza a sesión coa música de Roberto Caco.

O sábado día 9 as 13.00 gran tirada de fogos. A partires das 20.00 comeza a XXIX romería do polbo a feira (tapa, pan e viño 11 euros), para continuar as 22.30 coas actuación Trio Xtra e Trio Azar.

O domingo día 10, as 12.00 Santa Misa con procesión. As 13 horas actuación da banda de gaitas de San Paio de Alxen. As 22.30 actuación da banda de música popular de Tui e a Orquesta Capitol.

O luns día 11 as 12.00 Santa misa e as 13.00 actuación das pandereiteiras de Santa Columba de Ribadelouro. A partir das 22.30 o fin de festa corre a cargo de grupo Ritmo e Los Satélites.

Ningún comentario