Larpeiros e larpeiras, amigos e amigas da troula, da festa e do deporte:
Regresa a Festa do Miño, na súa décima edición, o vindeiro sábado 13 de Agosto. Todo apunta a que regresará o calor, e para disfrutar do bo tempo na ribeira de Caldelas comezará a xornada as 12 coa romería popular para seguir cun xantar campestre e disfrutar dunha sobremesa ata as 17 horas, que é cando terá lugar a saída do XI descenso popular do Miño dende a mesma ribeira.
Edicións anteriores do descenso do Miño (Foto extraída de google)
O momento dos máis larpeiros terá lugar a partires das 20.00 horas na Rúa Compostela, xa no centro de Tui, donde poderán saciar seu apetito degustando os productos ofertados por 24 postos de comida e 6 de bebida coa animación de rúa de Troula Animación da man de Funky Party.
A partires das 22.30 chega a hora da música e do baile da man da Banda Xangai, para por punto final a unha xornada completiña donde non vai faltar de nada.
En resumo: un sábado en Tui cheo de troula, romería, deporte, música, gastronomía, animación e baile. ¿Qué máis se pode pedir?
Click no cartel para ampliar
Ningún comentario:
Publicar un comentario