Festas da Virxe do Camiño

Xa están aquí as Festas de Rebordáns (Tui), na honra da Virxe do Camiño cun amplo programa cultural, gastronómico, de ocio e castrense.

 


SEMANA CULTURAL

As actividades comezan este mércores día 10 no Centro Cultural San Fins as 22.00 horas coa representación ó aire libre da obra MILAGRE NO CONVENTO DE SANTA MARÍA JUANA.


O folclore chega no serán do xoves a partires das 22.00 horas coas actuación dos grupos O MOSTEIRO de Pexegueiro, INQUEDANZAS do Centro Cultural Aloia-Pazos de Reis, SAN FINS de Rebordáns e OS QUE SOMOS do C.C. San Fins.

Para dar comezo á fin de semana, o venres a partires das 19.00 horas é o momento dos máis cativos, que poderán disfrutar con colchonetas. As 21.30 horas chega o momento de saciar o apetito degustando sardiñas de balde, doadas pola Comunidade de Montes e porco ó espeto en bocadillos a prezos populares ata fin de existencias. Esta sesión gastronómica será amenizada musicalmente pola Banda de Guerra da BRILAT para a continuación pasar a sesión verbena co trío AZAR.



PROGRAMA DE FESTAS


O domingo 14 comeza o día dende ben temprano, pois as 8.00 horas o silencio quedará quebrado polas bombas de palenque que avisan que comezan as festas.


As 10.00 a charanga OS CARAMUJAS de Mos farán un percorrido polos barrios da parroquia para animar a tódolos veciños e veciñas.


As 13.00 horas será momento dunha gran tirada de fogos, fixos e voadores.


As 20.00 horas entrará no torreiro das festas a BANDA DE MÚSICA DE MEAÑO para dar un concerto.


Banda de Música de Meaño

Ás 23.00 horas dará comezo a verbena a cargo das orquestas CAPITOL e TRIUNFO


Orquesta CAPITOL (Actuación 2022)


Orquesta TRIUNFO (Actuación 2022)


O luns 15 ás 8 da mañá dende a igrexa de San Bartolomé é a procesión do rosario da Aurora e acto seguido terá lugar unha salva de bombas.


A música matinal correrá a cargo da BANDA DE MÚSICA POPULAR DE TUI, previa celebración da Santa Misa solemne cantada polo coro FIDELIS e procesión, que será acompañada pola banda musical, que ofrecerá un novo concerto ós asistentes. Á finalización terán lugar as tradicionais poxas.


Banda de Música Popular de Tui


O broche final destas festas será a partir das 22.00 ó ritmo das orquestas NEW YORK e NOCHE DE ESTRELLAS


Orquesta NEW YORK (Actuación 2022)

Orquesta NOCHE DE ESTRELLAS



CARTEL DAS FESTAS







Ningún comentario:

Publicar un comentario