San Bartolomé 2022


O martes 23 de Agosto chegan as festas á parroquia de San Bartolomeu de Rebordáns. Ás 13.00 horas terá lugar unha gran tirada de bombas para avisar ós veciños e veciñas do comezo das festas, que continuarán as 18.00 horas con porco ó espeto para así coller forzas para a gran verbena que terá lugar pola noite a cargo da Osquesta Players.

Video promocional LOS PLAYERS 2022

O mércores 24 a partires das 8.00 da mañán, concentración cabalar no sitio de costume. A música chega as 11.00 horas coa entrada no torreiro de Festas, facendo seu percorrido habitual, a Banda de Música Popular de Tui

Banda de Música Popular de Tui


Xa pola noite, a verbena correrá a cargo da Orquesta Capitol.

Orquesta Capitol (actuación 2022)

Os actos castrenses deste mércores son ás 9, as 10 e as 11. äs 12.00 horas terá lugar a celebración da Santa Misa con procesión coa banda de música popular de Tui. A última misa terá lugar as 20.00

Ningún comentario:

Publicar un comentario