Semana Cultural Caldelas de Tui


Caldelas de Tui comeza a vestirse de festa cunha axenda cultural con diversas actividades para todos os públicos a cargo da Asociación Cultural A Ínsua.

VENRES 19. 21.00 HORAS

A noite do espectáculo chega da man de CALDELAS TALENT, concurso de talentos na Ribeira as 21.00 horas, con máis de 450 euros en premios.

Monólogo na edición de 2021


SABADO 20. 22.00 HORAS

Celebración do II FESTIVAL INTERNACIONAL DO MIÑO "ROCHA FOLK" coa actuación da banda de bombos Os Figueiras na Rúa (Portugal), a banda de gaitas e baile Os Coribantes de Buchabade (Ponte Caldelas), a banda de gaites Soto Rei (Asturias), a banda de gaitas e percusión A Ínsua (Caldelas) e a actuación de Donicelas.

Os Figueiras na Rúa

Os Coribantes de Buchabade

Banda de gaites Soto Rei

Escola de Gaitas e Percusión "A Insua" de Caldelas

Donicelas

DOMINGO 21
As 17.00 horas terá lugar a Festa do Neno, onde os máis cativos terán animación infantil a cargo de obradoiros de pintacaras, xogos tradicionais e hincable de auga. Tamén terá lugar a proxección da película "Los Croods. Una nueva era"

Trailer "Los Croods. Una nueva era"

MARTES 23. 21.30 HORAS
Festival mundial do ilusionismo da man de Galicia Ilusiona, que fará que Galicia sexa dende agosto ata outubro a capital mundial da maxia, reunindo os mellores ilusionistas do mundo.

No local cultural, o Teatro CAL-DELAS ofrecerá a obra PARA QUE HORA TEN?

MERCORES 24. 21.30 HORAS

O grupo de teatro de Rebordáns interpretará a súa obra Milagre no convento de Santa María Juana

XOVES 25. 21.30 HORAS
Actuación dos REGUEIFEIROS Luis "O Caruncho" e Luis Lobariñas e despois concerto de No All Kansas no local cultural

No All Kansas

VENRES 26. 21.30 HORAS

Playbaks Caldelas, donde ti pos a interpretación e eles a música.


Durante tódalas actuacións haberá servicio de bar e bocatas















Ningún comentario:

Publicar un comentario