Nadal cultural en Rebordáns

O Centro Cultural San Fins de Rebordáns comeza o Nadal cunha ampla oferta cultural que comeza este sábado día 3 de Decembro e prolóngase ata o próximo día 11.


O sábado 3 de Decembro, ás 21.00 horas abren a axenda o Grupo Tradicional San Fins (Rebordáns), seguido da Agrupación de música tradicional Beatriz Osorio de Bembibre (León) e o broche final desta  xornada corre a cargo de Lobeira, cuarteto de músicas do Salnés e Caldas.


O domingo 4 de Decembro ás 17.30 chega o teatro musical con Freddy, Belén e o Ovo co espectáculo "A viaxe encantada". Á súa finalización poderase gozar da Asociaçao Folclórica Independente de San Fins de Ferreira (Portugal).


O luns 5 de Decembro ás 21.00 horas actuarán Os que somos, de San Fins de Rebordáns, a humorista Lorena Pinheiro con "2 pasos 25 pesetas" e o grupo de folk Donicelas


O martes 6 de Decembro ás 17.30 horas o espectáculo corre a cargo da Escola de música San Fins (Rebordáns), á que seguirá charla-concerto de Rosa Sánchez e Pablo Carpinteiro.


O domingo 11 de Decembro, para poñer o broche final á axenda do Nadal Cultural, ás 17.30, chega o Teatro Migallas co espectáculo "Merenda con pan de millo"


Pincha na foto para ampliar


Colaboran a
Comunidade Veciñal de Montes en man común de Rebordáns, o Concello de Tui e a Deputación de Pontevedra

Ningún comentario:

Publicar un comentario