Inscripcións

 


Achégase o momento da apertura de inscripcións para a nova edición das Galimpiadas de Caldelas


A xente ten ganas de competir, de loitar polo grandísimo título de Campión de Galiza. Non todos o poden conseguir, non é un título que se gane sen derramar sudor durante os días de celebración.

Moitos xa estades adestrando para facer o camiño ó primeiro posto de forma máis sinxela, practicando estratexias, tanto en equipo como para as probas individuais.

Esta semana anunciaremos, en breve, o momento da apertura das inscripcións.

Preparade corpo, alma e fígado para acadar a máxima puntuación nas 10 probas máis esixentes do deporte enxebre-rural: billar, dardos, esquís de terra, tiro da corda, carreira de sacos por relevos, pano, ran, pulso, futbolín e tute. 

16 plazas para 16 aspirantes galímpicos. Lembrade que o número mínimo de participantes por equipo é de 5 persoas, e que o programa e regulamento o podedes consultar aquí, para que coñezades con detalle a mecánica de cada unha das probas.

En pouco máis de un mes, a Ribeira da capital tudense de Caldelas encherase de deporte e sobre todo, moita troula