Novas

Festas da Magdalena (Ribadelouro)

 

Estes venres 22 de Xullo comezan as festas na honra a Santa María Magdalena, na parroquia tudense de Ribadelouro. Catro días de festa nos que non faltará troula, animación e espectáculo.

O venres 22, a partires das 21.00 horas comezan os actos culturais e de seguido a actuación dun grupo musical para amenizar a noite.

O sábado 23, a partires das 20.00 horas toca darlle placer ó paladar, pois terán sardiñada, pulpeiro e porco o espeto, e  coller forzas para  disfrutar as 23.00 horas do Trío Azar.

O domingo 24, as 11.00 horas da mañán celebrarase a Santa Misa e ó remate refrescar na sesión vermú, que será a compañada pola Charanga "A tu ritmo". Ás 13.00 horas será a gran tirada de fogos de artificio de Argimiro Alborés. Encarando o serán, as 20.00 horas actuará en concerto a Banda de Música Popular de Tui para seguir co Grupo Talismán e a orquestra Costa Blanca.

O luns 25 as 12.15 horas terá lugar a misa solemne con sermón e procesión acompañada pola coral Ponte das Febres e o grupo folclórico e pandereteiras da Asociación Cultural Santa Columba (Ribadelouro), o cal fará a sesión vermú o ramatar a misa. O serán corre a cargo de Noche de Estrellas e M-3 Espectáculo.

Se xa tiñas plans para esta fin de semana, cancela todo e vai disfrutar da troula e do bo ambiente a Ribadelouro, pois non todos os días están feitos para disfrutar, e esta fin de semana toca alegría e baile para o corpo!!!

Ningún comentario